Listaxe provisional de adxudicación de prazas convocatoria extraordinaria 2024-2025

Resolución do 13 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios  socioeconómicos) e a puntuación  total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2024/25 (DOG núm. 119, do 20 de xuño).

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración a partir da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais e o 20 de setembro de 2024 (este incluído).