O Centro Residencial Docente e a Universidade Laboral, atópanse no mesmo edificio e no mesmo entorno ainda que exista unha diferencia clara das delimitacións do espazo.
Forma parte dos Centros Residenciais Docentes da Comunidade Autónoma de Galicia entre os que están tamén os CRD de Ourense e Vigo.
O Centro Residencial Docente da Coruña está dotado de instalacións para atender outras ofertas educativas e sociais que tamén poidan demandar grupos de traballo, institucións, organizacións e entidades, así como encontros, viaxes de estudos, cursiños, intercambios, xornadas, etc.
Plantexamos un estilo educativo con neutralidade ideolóxica, renunciando a todo tipo de adoutrinamento, sectarismo e proselitismo e baseado no pluralismo e nos valores democráticos de convivencia.
O centro fomenta o desenvolvemento de valores baseados no respecto á identidade persoal de cada quen, é dicir, a súa identidade sexual, cultural, política e relixiosa, defendendo a convivencia e respecto muto.
Somos un centro laico e respectuoso con tódalas ideas relixiosas. Tódalas actividades que se realicen estarán exentas de calquera orientación relixiosa, evitando a simboloxía relixiosa de carácter permanente.
Unha gran praza de acceso dá entrada as instalacións do Centro, de 3.500m2. Nun extremo sitúase un mastro de navío de 38m.de altura. O conxunto armonízase dende unha idea de funcionalidade do espazo, o que se concreta nunha serie de edificacións intercomunicadas a través de galerías cubertas dando lugar a un centro singular nun entorno único. Foi proxectada polos arquitectos José López Zanón e Luis Laorga Gutiérrez.
A construcción empezouse no 1962 e a súa andadura iníciase en outubro de 1964 con dependencia do Ministerio de Traballo e subvencionado polas Mutualidades Laborais.
Posteriormente o centro é transferido a Consellería de Educación e O.U. da Xunta de Galicia no ano 1981.
No ano 1989 e co fin de dar unha maior cobertura en canto a especialidades de F.P., divídese en I.E.S “Crucero Baleares” (hoxe en día I.E.S “Universidade Laboral”) e o Centro Residencial Docente da Coruña, tras o cal se ofertan aos alumnos residentes de C.R.D. non só estudios que se imparten na Universidade Laboral, senon prácticamente tódalas ramas e ciclos formativos que se imparten nos centros da Coruña e comarca.