O Centro Residencial Docente consta dunha serie de edificacións (en concreto 8 pabellóns) intercomunicados a través de galerías cubertas de ahí a sua singularidade. Ao tratarse dun centro residencial as súas instalacións son moi extensas para cubrir as necesidades que se demandan.O recinto exterior do centro está rodeado dunha serie de zonas con xardín e dunha gran praza que da acceso ao centro.
No exterior do recinto atópanse instalacións deportivas, a disposición do alumnado para a práctica das distintas actividades, tales como pabellóns para a práctica de baloncesto, fútbol sala, balonmano, etc; campos para a práctica do fútbol, béisbol, rugby, etc; así como a utilización de piscinas, en convenio coa Secretaría Xeral para o deporte.
– Un comedor con capacidade para 500 prazas.
– Unha cociña.
– Unha lavandería xeral e outra para alumnado.
– Servicios e vestiarios.
– Enfermería con despacho, sala de curas, sala de reunións e habitación con prazas para enfermos.
– Baños públicos.
– Conserxería.
– Oficinas de administración.
– Despacho de Xefatura de Residencias.
– Despacho de Dirección.
– Sala de visitas
– Despacho docente de garda.
– Despachos dirección de colexios.
– Sala de conferencias.
– Ximnasio.
– Salas de usos múltiples.
– Biblioteca, salas de lecturas.
– Aulas de informática con WiFi.
– Aulas docentes de 40 prazas cada unha.
– Aula docente de 115 prazas.
– Almacéns persoal mantemento.
– Almacén xeral do centro.
– Locais para mantemento do centro.
– Sala de caldeiras.
– Casetas de transformadores.
– Caseta de vixilancia.
– Dispoñemos de habitacións con capacidade para mais de 340 prazas.