A continuación, tedes a programación do centro, tanto o que se refire as nosas actividades como o CRD Solidario. Lembrade que o final contades con toda a programación en pdf para a sua descarga. ¡Esperamos que todos participedes nas nosas actividades!
1.1. Proposta aos alumnos de todas aquelas actividades que demanden e que teñan que ver coa práctica do deporte. Tales como: tenis de mesa, fútbol, baloncesto e outros deportes (segundo a demanda).Orgarnizaranse campionatos ao longo do curso de todos aqueles deportes nos que haxa suficientes interesados.
1.2. Oferta de clases: por un profesional a un prezo asequible (sempre e cando haxa demanda). Exemplos: esgrima, cross training, zumba.
2.1. Linguaxe de signos: Impartiríase este obradoiro por unha persoa especialista en linguaxe de signos – : formaránse grupos según demanda.
2.2. Obradoiro “Aprende a estudar”: Formaranse grupos e estableceranse os días para levalo a cabo
2.3 Clases de apoio en inglés: sen determinar, xa que sería para aquel alumnado que o solicitase.
2.4. Proposta por parte da Dirección de ofertar clases, por un profesional a un prezo asequible . Sempre e cando houbese demanda: lectora de inglés (nativa)
3.1. Cociña: os obradoiros serán para o alumnado que o desexe e persoal do centro, estarán compostos por un máximo de 15/20 persoas. Si houbera máis demanda, intentaríase facer máis grupos. No obradoiro de cociña inclúense as seguintes actividades:
3.1.1. Receta do Nadal: farase un obradoiro de cociña (1º trimestre) para o alumnado e persoal que o solicite. Coincidindo coas datas de nadal elaborarase un prato a determinar. Os grupos serán como máximo de 15/20 persoas.
3.1.2. Receta de Semana Santa: será un obradoiro que coincidirá coa data de Semana Santa ( 2º trimestre ) e farase un prato ou postre característicos do tipo de festividade.
3.1.3. Receta de tempada: elaborarase un prato adecuado a tempada de primavera-verán, a determinar. ( 3º trimestre ).
3.2.Ornamentación : os obradoiros serán para o alumnado que o desexe e persoal do centro, estarán compostos por un máximo de 15/20 persoas. Se houbera máis demanda, intentaríase facer máis grupos.
3.2.1. Obradoiro de decoración navideña: será un taller que coincida coas propias datas . Tratarase de decorar, ou ben unha mesa, ou un espazo, etc de cara ao nadal.
3.2.2. Obradoiro floral: curso e consistirá en aprender a facer un arranxo floral, ben un centro de mesa, ben un bouquet, etc.
3.3.“Faino para poñer”: os obradoiros serán para o alumnado que o desexe e persoal do centro, estarán compostos por un máximo de 15/20 persoas. Se houbera máis demanda intentaríase facer máis grupos.
Trátase de facer un taller de pulseiras, gargantillas, camisetas, etc, sen determinar coa idea de que algunha das cousas sexa identificativa do CRD, e que ao mesmo tempo serva para recaudar fondos solidarios.
4.1. Magosto: Coincidindo coa tempada das castañas, farase no centro un magosto para que o disfrute todo o alumnado. Ademáis da recolleita solidaria das castañas, o alumnado recollería e asaría castañas para comelas no centro.
4.2. Festa do nadal: Como tódolos anos por estas datas, farase a comida do nadal no centro. Haberá un sorteo dunha “cesta de nadal”, ou outros agasallos que decidan as Directoras de colexio e a Dirección do centro. Música e Karaoke como fin de festa.
4.3. Festa do entroido: No segundo trimestre do ano celebrarase a festa adicada ao “Deus Momo” Farase unha comida de entroido no centro coa degustación propia dos productos da época. Haberá un concurso de disfraces para todo o alumnado e persoal que desexe disfrazarse. Festa pola noite con música, bebida e chuches.
4.4. Festa da primaveira : a finales do terceiro trimestre e ca chegada do bo tempo, farase unha comida temática para o alumnado (xaponesa, italiana….) Haberá unha actuación musical, ou DJ nos exteriores do centro para celebrar a entrada da primaveira. Sería boa idea que o alumnado e profesorado, viñésen vestidos de branco. Contaríamos con chuches e bebidas para celebrar.
Conmemoraranse todos aqueles días previstos pola Consellería (Letras Galegas, Sida, Muller traballadora, cáncer, Paz etc ) y outros que o centro considere oportuno. Farase un guiño o día, con vídeos, algún tipo de distintivo do día, folletos, películas, etc.
De enrte outras moitas actividades de carácter solidario, as máis destacadas son:
– Tapóns para unha vida
– Recolleita de castañas Benéficas e obradoiro solidario
– Operación Kilo
– Recolleita de roupa
– Taller de cociña “As letras solidarias”