- Version
- Descargar 100
- File Size 882.76 KB
- File Count 1
- Create Date 9 Xuño 2022
- Last Updated 9 Xuño 2022
ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2022/23 (código de procedemento ED308A).
Os centros residenciais prestan un servizo que contribúe eficazmente a facilitar o acceso ao ensino postobrigatorio non universitario do alumnado que debe realizar os seus
estudos en localidade distinta á do domicilio habitual. E o normal funcionamento deste tipo de centros, tanto en aspectos relacionados coa orde interna e a convivencia como nos relativos ao desenvolvemento de accións formativas complementarias, exixe que o persoalprofesional que traballa na residencia conte co reforzo de colaboradores, alumnado universitario que compatibiliza o seus estudos co labor de apoio na residencia.
A disposición derradeira primeira do Decreto 43/1989, do 2 de marzo, polo que se transforman os centros de ensinanzas integradas en institutos de educación secundaria e profesional en centros residenciais docentes, faculta a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o seu desenvolvemento.