Resolución do 4 de outubro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións definitivas de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2022/23 (DOG núm. 107, do 6 de xuño).
As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación,Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da pulbicación da presente resolución na páxina web dos centros residenciais (entre o 5 de outubro e o 4 de novembro de 2022, ambos incluidos).