Somos un centro cunha identidade clara e aberta a tod@s. Fomentamos a participación responsable e estamos comprometidos cos valores de liberdade, tolerancia, xustiza, igualdade e posta en valor do esforzo.
O estilo educativo do Centro, dado o seu carácter público, tratará de rexerse polo principio de neutralidade ideolóxica, de maneira que renuncia a todo tipo de adoutrinamento, sectarismo e proselitismo e basearase no pluralismo, nos valores democráticos de convivencia, e nas ideas recollidas na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
En canto a confesionalidade, o Centro defínese como laico e respectuoso con tódalas ideas relixiosas. Tódalas actividades que se realicen estarán exentas de calquera orientación relixiosa. Do mesmo xeito, o CRD evitará a existencia de toda simboloxía relixiosa con carácter permanente.
A coeducación do Centro fomentará a convivencia entre os distintos sexos tratando de eliminar as discriminacións e de fomentar o respeto.
Ademáis das notas de identidade, os fins propios do Centro Residencial Docente, a máis dos de facilitar aloxamento e manutención aos estudantes, son os seguintes:
> Fomentar o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades dos alumnos/as.
> Desenvolver a capacidade dos alumnos/as para regular a súa propia aprendizaxe, desenvolver a creatividade, iniciativa persoal e espíritu emprendedor.
> Preparar para o exercicio da cidadanía e para a participación activa na vida económica, social e cultural con actitude crítica e responsable.
> Formar para a paz, respeto aos dereitos humanos, cooperación e solidariedade entre os pobos, así como a adquisición de valores que propicien o respeto diario aos seres vivos, medio ambiente e desenvolvemento sostenible.
> Promover a adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e artísticos, así como a adquisición de hábitos saudables, o exercicio físico e o deporte.
> Promover a participación das familias no desenvolvemento integral dos seus fillos/as, con especial fincapé no que respecta aos valores inherentes á convivencia democrática.
> Axudar a adquirir a capacitación para o exercicio de actividades profesionais.
> Educar no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos e de convivencia. Prevención de conflictos e resolución pacífica dos mesmos.
> Promover a educación baseada no esforzo persoal.
> Estimular a responsabilidade individual na súa condición de estudantes e proporcionar un ambiente axeitado de estudo como marco propicio para a súa actividade académica.
> Fomentar actitudes que favorezan a integración do alumnado residente.