Lista definitiva de admitidos 2024-2025

Resolución do 30 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións definitivas de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, e así mesmo, a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas e, de ser o caso, a relación de suplentes, de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2024/25 (DOG núm. 119, do 20 de xuño).