Listaxe provisional de admitidos na convocatoria extraordinaria de Setembro

Resolución do 11 de setembro de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 20 de maio de 2026 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2026/27 (DOG núm. 114, do 19 de xuño). As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración a partir da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais e o 18 de setembro de 2026 (este incluído).

*O alumnado admitido provisionalmente NON se poderá incorporar ata o Luns 14 de Setembro (a partir das 9:30)