Relación provisional de persoas admitidas no centro curso 2026–2027

Resolución do 19 de agosto de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións provisionais de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, de acordo co previsto no artigo 32 da Orde do 20 de maio de 2026 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2026/27 (DOG núm. 114, do 19 de xuño).

CRD A CORUÑA CURSO 2026 / 2027 Os alumnos admitidos que aínda non ingresaran a fianza terán de prazo 3 dias hábiles para abonala. Os alumnos admitidos pero que a renda familiar sexa superior ao limiar da convocatoria de becas tendrán que aboar a residencia. Os alumnos admitidos que teñan que aboar a residencia, recibirán un correo electrónico co impreso de domiciliación bancaria que deberán cubrir e firmar e enviar ao correo do centro. O prazo para enviar o resguardo da fianza e o impreso de domiciliación é de 3 días hábiles. No caso de incumplir estas datas entenderase a renuncia do alumno a praza de residencia.