O recinto exterior que rodea ao centro considérase a todos os efectos parte do mesmo, polo tanto rexen as mesmas normas que no interior das instalacións.
Non se permite a entrada ao recinto a persoas alleas ao centro. De producirse actos contrarios ás normas de convivencia, será subsidiariamente responsable o alumnado do centro que os cite no recinto ou os acompañe.
O aparcamento lateral situado despois da barreira está reservado exclusivamente para profesorado e persoal non docente do CIFP.
O aparcamento situado na explanada de diante do edificio poderá ser utilizado polo alumnado. Para poder facer uso do aparcadoiro o alumnado deberá rexistrar os seus datos e matrícula do coche no seguinte formulario.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfY8qS29mgF2tk0d2bWYYHBVY2fBwB51u7X1ZNyvnhEzfRqTg/viewform
É obrigatoria a inscrición da matrícula do vehículo no formulario para poder empregar o aparcamento de alumnado.
O CIFP Universidade Laboral non se fai responsable de ningún dano que sufran os vehículos dentro do recinto, nin de ningún tipo de roubo.