Listaxe definitiva de adxudicación de prazas convocatoria extraordinaria 2021-22

Resolución do 8 de outubro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que
se publican a listaxes coas puntuacións definitivas de todos as persoas solicitantes admitidas,
indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a
puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa
de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de
acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas
de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2021/22 (DOG núm. 113, do 16 de
xuño).
As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación
e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente
resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de
anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais (entre o 9 de outubro e o 8 de novembro de 2021,
ambos incluídos).