O CRD está composto por un amplo número de persoas en dous grupos: o persoal docente e o persoal non docente. Tod@s el@s desenvolven as súas tarefas de forma individual e colectiva, tendo como propósito acadar uns obxectivos comúns que repercuten directamente no bo funcionamento de todas as áreas do Centro Residencial Docente.
O persoal non docente, realiza as funcións que lle corresponden, atendendo sempre aos criterios de:
– Integración dentro da Comunidade Educativa e Residencial do centro.
– Condicións de traballo óptimas e disposición do material axeitado.
– Participación na vida do Centro a través das actividades e da representación no Consello de Residencias, Comisión de menús e outras atendendo as súas propostas