Funcións e consellos

Órganos de goberno

Departamentos, consellos e as súas funcionalidades

O CRD da Coruña está composto por varios órganos de goberno, diferenciando os órganos unipersoais, os consellos e as comisións (deportiva, festiva e formativa). Desplega cada apartado para coñecer as competenzas e máis información relacionada sobre cada un.

Órganos unipersoais

Funcións do Director/a

– Ostentar oficialmente a representación do Centro.

– Cumprir e facer cumpri-las leis e demáis disposicións vixentes.

– Dirixir, coordinar e supervisar tódalas actividades do Centro Residencial Docente, dacordo coas disposicións vixentes.

– Atender todo o relativo á conservación e mantemento do C.R.D.

– Supervisa-la execución, se é o caso, dos contratos de prestación dos servizos de limpeza, vixilancia, comedor, lavandería e outros análogos do C.R.D.

– Presidir e convocar o Consello de Residencias.

– Propoñer ó Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dispoñe-lo nomeamento e o cesamento do Xefe/a de Residencias.

– Exerce-la Xefatura de todo o persoal adscrito ó C.R.D.

– Elaborar anualmente o plan económico do centro.

– Autoriza-los gastos, ordena-los pagamentos e rende-las contas xustificativas da utilización dos recursos económicos do Centro Residencial.

– Aproba-lo regulamento de réxime interno do C.R.D., oído o Consello de Residencias.

– Aproba-la programación xeral das actividades formativas do Centro Residencial.

– Favorecer a convivencia no Centro, resolver os conflitos e impoñer tódalas medidas disciplinarias que correspondan ao alumnado, de acordo coas normas que establezan as administracións educativas e en cumprimento dos criterios fixados no Regulamento de Réxime Interior do Centro.

– As que regulamentariamente se determinen.

Funcións do/a xefe/a de residencias

– Substituír ao Director/a do Centro Residencial Docente na súa ausencia.

– Elabora-la programación xeral das actividades formativas do Centro Residencial Docente, dacordo cos fins educativos previstos.

– Confecciona-los horarios do persoal de Residencias. Os horarios de gardas e turnos de substitución deberá confeccionalos ó comezo do curso, tendo en conta o cumprimento da normativa laboral ó respecto e coidando que o reparto dos mesmossexa o mais equitativo posible.

– Elaborar, xunto cos Directores dos Colexios Residenciais Docentes, as normas de convivencia do Centro Residencial.

– Coordinar, sen prexuízo de superior competencia do Director, a actividade dos Directores dos Colexios Residenciais e do restante persoal de Residencias, co obxecto de consegui-los obxectivos propostos na programación xeral e o respecto ás normas de convivencia.

– Asignar ó alumnado residente ós distintos colexios de acordo coa capacidade das residencias e os estudos cursados.

– Tódalas competencias que delegue o/a Director/a do Centro Residencial Docente.

O/a Xefe/a de Residencias será nomeado e arredado do seu cargo polo Xefe/a Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a proposta do Director/a, oído o Consello de Residencias.

Funcións dos Directores/as de colexio

– Elaborar, xunto co/a Xefe/a de Residencias, as normas de convivencia do Centro Residencial Docente.

– Distribuir aos residentes por habitacións nos respectivos colexios residenciais coa colaboración do equipo colexial.

– Adscribir, de acordo cos criterios elaborados polos equipos colexiais, os diferentes grupos de residentes ás correspondentes titorías. A efectos deste regulamento, enténdese por equipo colexial ao persoal de residencias adscrito a cada colexio.

– Coordinar o traballo educativo de tódolos/as educadores/as adscritos ao colexio residencial.

– Coordinar, sempre a xuízo da superior competencia do/a Xefe/a de Residencias, as actividades de carácter xeral.

– Poñer en coñecemento do/a Xefe/a de Residencias tódalas incidencias que pola súa relevancia deba coñecer.

– Tódalas que nel delegue o/a Xefe/a de Residencias.

Os Directores de Colexios Residenciais serán nomeados e apartados dos seus cargos polo Director/a, a proposta do/a Xefe/a de Residencias, oído o Consello de Residencias, entre o persoal educativo de Residencias.

Funcións do persoal educativo

– Desenvolvemento de estratexias favorecedoras da resolución pacífica dos conflictos e da convivencia democrática, do rexeitamento de todo comportamento discriminatorio para avanzar na formación, na paz e na fraternidade.

– Promoción da coordinación e cooperación do persoal educativo, e da utilización de metodoloxías de aprendizaxe cooperativas.

– Atención personalizada ao alumnado residente con necesidades específicas de apoio.

– Impulsar procedementos que permitan a implicación das familias na convivencia residencial.

– Pernoctar no centro residencial e efectua-las gardas de fin de semana e festivos que, segundo a distribución horaria lle corresponda.

– Exerce-la función titorial co grupo de residentes que se lle asigne realizando aquelas tarefas propias de tal función.

– Recoller e procesar toda a información precisa dos residentes correspondentes á súa titoría.

– Interesarse polo rendemento académico de cada un, recollendo deles e dos propios profesores a información precisa, procurando orientar e prestar as posibles axudas.

– Te-los contactos que se coide precisos cos seus pais ou titores coa fin de acadar unha mais estreita colaboración na formación dos residentes.

– Orientar ós seus titorandos nos problemas particulares polos que cada un poida atravesar facilitándolle-las posibles axudas que precise.

– Colaborar ou dirixi-las actividades formativas que se lle asignen de acordo coa programación xeral de actividades de centro.

– Interesarse pola correcta prestación de servizos do Centro, comunicando a quen corresponda aquelas fallas que nos mesmos puidera observar.

– Face-los servicios de colaboración, vixilancia e control de actividades de acordo cos horarios e turnos establecidos polo Xefe/a de Residencias.

– Corrixir, de maneira inmediata, calquera transgresión das normas de convivencia e dar parte a quen corresponda daquelas que, pola súa gravidade, así o esixise a normativa de convivencia establecida.

– Asistencia primaria e toma de decisións en primeira instancia en ausencia de directivos, principalmente estando de garda.

– Atención humana e supervisión educativa en enfermería e comedor.

– Control de saídas e entradas de residentes e da correspondente autorización.

– Notificación ó Director/a do Colexio ouXefe/a de Residencias das incidencias xurdidas no decurso da súa función. As ocorridas durante as gardas quedarán reflectidas por escrito no libro correspondente.

– En Xeral, tódalas que polasúa propia función lle puideran corresponder.

– Dirixir o labor de apoio dos/as bolseiros/as no desenrolo das súas funcións específicas.

Funcións dos alumnos/as colaboradores/as bolseiros/as

As funcións dos colaboradores/as bolseiros/as están especificadas, con carácter xeral, na convocatoria que, anualmente se publica no DOG (a última o 14 de agosto 2013, segundo a ORDE 6 de agosto de 2013):

a) Seguir con aproveitamento os estudos para os que se matricula.

b) Residir no Centro Residencial Docente durante o curso.

c) Cumplir e facer cumplir a normativa de réxime interno do centro.

d) Comunicar ao equipo educativo tódalas incidencias que poidan afectar a calquera dos membros da comunidade educativa.

e) Apoiaraopersoal educativo nastarefas propias do horario diurno e nocturno.

f) Colaborar na residencia en todas as tarefas e cometidos de orde interna e actividades que llepoida encomendar a dirección do Centro, relacionadas co desenvolvemento de accións formativas e de convivencia dos residentes

g) Participar na organización das actividades.

h) Contribuir a normal convivencia dos/as residentes nos diferentes espazos do C.R.D.

Órganos colexiados

Consellos e residencias

O Consello de Residencias é o órgano colexiado de asesoramento e apoio ó Director.

O Consello de Residencias estará integrado por:

– O/a Director/a do Centro Residencial Docente, que será o seu Presidente.

– Un representante do equipo educativo.

– Un representante do persoal de Administración e Servizos.

– Un representante dos alumnos/as residentes.

A duración do mandato dos membros electos será de dous anos. A renovación terá lugar ordinariamente no primeiro trimestre do curso, previa convocatoria feita polo Director/a na que fixará o calendario electoral.

O Proceso electoral será dirixidopola Mesa Electoral que estará constituída por:

– O/a Director/a do Centro Residencial que será o Presidente.

– O membro do equipo Directivo de máis antigüidade do Centro.

– Un compoñente da lista de electores elixidoóchou.

Serán funcións da Mesa Electoral as seguintes:

– Proclama-las candidaturass

– Presidi-las mesas de votacións

– Realiza-lo escrutinio dos votos e proclamar ás persoas candidatas que resulten elexidas.

– Resolve-las posibles reclamacións ou incidencias.

Poderán ser candidatos as alumnas e os alumnos residentes, profesorado educativo e persoal de administración e servizos que presenten a súa candidatura no prazofixadona convocatoria.

O día seguinte de termina-lo prazo de presentación de candidaturas, a Mesa Electoral proclamará e fará públicos nos taboleiros de anuncios as candidaturas.

O voto será directo e secreto mediante papeleta electoral preparada ó efecto e na que soamente poderá sinalar un nome.

O escrutinio será público e do mesmo levantarase un acta na que se reflectirá, por orden de número de votos, a relación de candidatos que os obtiveron. O empate en número de votos desfarase en favor da de maioridade.

O Consello de Residencias constituirase ó remata-los procesos electorais nos sectores afectados.

Se, durante o mandato de dous anos, se producis e algunha baixa, cubriría es vacante, polo tempo restante, o seguinte candidato en número de votos, sempre que este acade un mìnimo do 20% dos representados. No caso contrario, procederíase a realizar nova votación nese sector.

Considéranse causas de baixa como membro de Consello de Residencias as seguintes:

– A non asistencia sen causa xustificada a mais de tres reunións consecutivas de ese Órgano Colexiado.

– A perda de condición de alumno/a residente, oupersoal do Centro.

– A renuncia voluntaria aceptada polo Consello de Residencias.

Comisións consultivas

A Dirección, oído o Consello de Residencias, poderá constituír todas aquelascomisións que considere oportunas, entre outras, a comisión de convivencia, a comisión de economía, a comisión de menús, etc.

Procurarase formar todo tipo de comisións para tratar de conseguir a implicación e autoxestión do alumnado residente.

Comisión de menús

Estará constituída polo Director/a, que será o Presidente/a, e os vogais seguintes:

– O/AXefe/a de Residencias

– Un/a representante do persoal educativo

– O Médico do Centro

– O/A Xefe/a de Servicios Domésticos

– O/a Encargado/a da cociña

– Representante/s do alumnado residente.

– Representante Colaboradores/as bolseiros/as

Ás reunións da comisión de menús poderán asistir, se así o considera procedente o Director, outros membros da comunidade educativa.

Competencias

Será cometido desta comisión o estudo do funcionamento do servizo de cociña en xeral e, en particular, da calidade dos menús servidos pola empresa adxudicataria do servizo de conformidade coas condicións de adxudicación do mesmo.

Ser informada pola Xefatura de Residencias nos casos nos que se aplicasen correcciónsao alumnado por condutas contrarias as normas de convivencia do centro.

Ser informada pola Xefatura de Residencias nos casos nos que se aplicasen correcciónsao alumnado por condutas gravemente perxudiciais para a convivencia do centro.

Participar na elaboración do Plan de Convivencia, recollendo todas as iniciativas e suxestións de todos os sectores da Comunidade Educativa.

O noso centro leva en activo dende o ano 1964. Iniciou a súa actividade con dependencia do Ministerio de Traballo e foi transferido á Consellería de Educación e O.U. da Xunta de Galicia no ano 1981.